O ímpeto musical do rexurdimento prolóngase durante as primeiras décadas do século XX ao tempo que se acentúa o éxodo de galegos ao Novo Mundo. Tamén compositores galegos desenvolven a súa actividade total ou parcialmente fóra de Galicia, tanto en Madrid e outras capitais españolas como en América. A Guerra Civil constitúe o doloroso final da escintilante etapa musical iniciada a mediados do século XIX.
Busca o compositor oculto en cada edificio.